Dende 14 de outubro, 2025 - Ata 14 de outubro, 2025
Actividade formativa organizada desde o Polo Monforte de Lemos en colaboración co Banco de España para aprender a planificar e xestionar as finanzas persoais de forma segura e responsable
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial

🗓️ Martes, 14 de outubro | 10:30 - 13:00 h
📍 Oficina do Polo de emprendemento Monforte de Lemos- Rúa San Pedro, 1
O manexo persoal das finanzas debería ser sistemático e partir da comprensión de certos conceptos económicos para tomar as decisións financeiras de xeito informado. O Polo dMonforte de Lemos organiza esta sesión para mellorar a capacitación financeira das persoas participantes, e que repercuta asemade nos seus proxectos empresariais.
O orzamento, as distintas opcións de financiamento, os dereitos como cliente bancario son parte dos contidos que se tratarán nesta formación impartida polos técnicos do Banco de España. Tras este itinerario, cada participante terá as ferramentas para traballar a súa seguridade financeira.
Programa
10:30 h - Recepción de asistentes e benvida.
10:40 h - Presentación institucional
10:45 h - Ponencia: Planificación das finanzas. Que debo saber ao contratar unha financiación? A cargo dos técnicos do Banco de España.
12:45 h - Preguntas e dúbidas
13:00 h - Agradecemento e peche da actividade formativa
Planifica con máis fundamentos as túas finanzas individuais e inscríbete!
![]()
ColaboradoresBanco de España