Coñece e planifica as túas finanzas persoais da man do Banco de España

Dende 02 de outubro, 2025 - Ata 02 de outubro, 2025

Actividade formativa organizada desde o Polo de Vilanova de Arousa en colaboración co Banco de España para aprender a planificar e xestionar as finanzas persoais de forma segura e responsable

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Xoves, 2 outubro | 10:30 - 13:00 h

📍 Pazo Vista Real de Vilanova. Camiño de Boutrín nº 7, Vilanova de Arousa

 


O manexo persoal das finanzas debería ser sistemático e partir da comprensión de certos conceptos económicos para tomar as decisións financeiras de xeito informado. O Polo de Vilanova de Arousa organiza esta sesión para mellorar a capacitación financeira das persoas participantes, e que repercuta asemade nos seus proxectos empresariais.

 

O orzamento, as distintas opcións de financiamento, os dereitos como cliente bancario son parte dos contidos que se tratarán nesta formación impartida polos técnicos do Banco de España. Tras este itinerario, cada participante terá as ferramentas para traballar a súa seguridade financeira. 

 

 

Programa

10:30 h - Recepción de asistentes e benvida.

10:40 h - Presentación institucional 

10:45 h - Ponencia: Planificación das finanzas. Que debo saber ao contratar unha financiación? A cargo dos técnicos do Banco de España.

  • Definición de finanzas
  • Concepto de riqueza e seguridade financieira
  • O orzamento como ferramenta fundamental
  • Compoñentes do orzamento
  • Financiación

12:45 h - Preguntas e dúbidas

13:00 h - Agradecemento e peche da actividade formativa

 

Planifica con máis fundamentos as túas finanzas individuais e inscríbete!


Presencial

Voltar