Coñece e planifica as túas finanzas personais da man do Banco de España

Dende 03 de outubro, 2025 - Ata 03 de outubro, 2025

Aprende a xestionar o teu orzamento, comprender a financiación e tomar decisións económicas máis informadas, nesta formación práctica da man do Banco de España, organizada dende o Polo O Barco.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

📍 Venres, 3 de outubro | 10:00-12:30 h

🗓️ Casa Grande (Salón de Actos) Praza Ramón Otero Pedraio, 11 Viloira, O Barco de Valdeorras

 

O manexo persoal das finanzas debería ser sistemático e partir da comprensión de certos conceptos económicos para tomar as decisións financeiras de xeito informado. O Polo de O Barco organiza esta sesión para mellorar a capacitación financeira das persoas participantes, e que repercuta asemade nos seus proxectos empresariais.

 

O orzamento, as distintas opcións de financiamento, os dereitos como cliente bancario son parte dos contidos que se tratarán nesta formación impartida polos técnicos do Banco de España. Tras este itinerario, cada participante terá as ferramentas para traballar a súa seguridade financeira. 

 

 

Programa

10:30 h - Recepción de asistentes e benvida.

10:40 h - Presentación institucional 

10:45 h - Ponencia: Planificación das finanzas. Que debo saber ao contratar unha financiación? A cargo dos técnicos do Banco de España.

  • Definición de finanzas
  • Concepto de riqueza e seguridade financieira
  • O orzamento como ferramenta fundamental
  • Compoñentes do orzamento
  • Financiación

12:15 h - Preguntas e dúbidas

12:30 h - Agradecemento e peche da actividade formativa

 

 

Planifica con máis fundamentos as túas finanzas individuais e inscríbete!


Presencial

Información adicional

ColaboradoresBanco de España

Voltar