Dende 30 de xuño, 2025 - Ata 30 de xuño, 2025
Aprende a xestionar o teu orzamento, comprender a financiación e tomar decisións económicas máis informadas, nesta formación práctica da man do Banco de España, organizada dende os Polos de Sarria, Friol e A Fonsagrada.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial

🗓️ Luns, 30 de xuño | 10:30 - 13:30 h
📍 Fundación CEL, Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar, Lugo
Os Polos de emprendemento A Fonsagrada, Friol e Sarria organizan unha nova edición desta xornada, na que adquirirás ferramentas para mellorar a túa planificación financeira da man do Banco de España.
Garante a sustentabilidade económica do teu negocio cos coñecementos clave que se impartirán nesta charla: como tomar decisións financeiras con seguridade, mellorar a planificación de recursos e orzamentos, ou valorar distintas vías de financiamiento.
Tanto se o teu negocio xa leva anos en funcionamento como se aínda está dando os seus primeiros pasos, nesta xornada obterás novas ferramentas para fortalecer as túas capacidades financeiras.
Programa:
10:30 h – Benvida e presentación e recepción de invitados.
10:40 h – Relatorio: Planificación das finanzas. Que debo saber ao contratar unha financiación? A cargo dos técnicos do Banco de España.
12:45 h – Preguntas e dúbidas.
12:55 h – Agradecementos e peche da actividade formativa.
13:00 h – Petisco para os asistentes.
Non hai ninguén como os técnicos do Banco de España para impartir esta formación, apúntate xa!
![]()