Coñece e aprende a xestionar as túas finanzas da man do Banco de España e os Polos de Emprendemento

Dende 17 de setembro, 2025 - Ata 17 de setembro, 2025

Aprende a xestionar o teu orzamento, comprender a financiación e tomar decisións económicas máis informadas nesta formación práctica da man do Banco de España, organizada desde os Polos Melide e Silleda

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Mércores, 17 de setembro | 10:30 - 13:00 h

📍 Confederación de Empresarios de Galicia (Salón de actos). Rúa do Vilar, nº 54 baixo. Santiago de Compostela

 

A educación é o motor de crecemento e oportunidades. Xunto coa formación, determinan o noso capital humano, que nos permite acceder a mellores empregos e progresar profesionalmente, aumentando así as nosas oportunidades e a calidade de vida.

 

Desde esta perspectiva, os Polos Melide e Silleda organizan esta sesión xunto ao Banco de España para que as personas participantes poidan mellorar os coñecementos e hábitos financeiros individuais. Isto contribúe a elevar o capital humano e, por tanto, a mellorar a productividade do país.

 

Esta formación proporcionarache coñecementos clave para realizar unha mellor xestión económica das túa finanzas e, consecuentemente, contribuirán á mellor xestión do teu proxecto. 

 

Durante estas 2,5 horas de formación presencial, aprenderás:

  • Como construír a túa riqueza e seguridade financeira.
  • Técnicas de aforro que maximizarán os teus beneficios.
  • O poder do interese composto para facer crecer o teu diñeiro.
  • Estratexias de inversión intelixentes e como protexerte do fraude.

 

Ademais, revelaranse:

  • As mellores opcións de financiamento.
  • Como comparar e elixir a financiación máis conveniente.
  • Os teus dereitos como cliente bancario e como evitar riscos.

 

 

Programa:

 

10:30 h - Recepción de asistentes e apertura da xornada

10:45 h - Sesión formativa impartida polo Banco de España

12:30 h - Espazo de preguntas e resolución de dúbidas

13:00 h - Peche da sesión

 

 

Inscríbete e aproveita os coñecementos dunha institución como o Banco de España para mellorar as túas capacidades financeiras.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresBanco de España

Voltar