Dende 14 de xullo, 2026 - Ata 14 de xullo, 2026
Este encontro é unha oportunidade para achegar ás mulleres emprendedoras información práctica, recursos e acompañamento real para dar forma ás súas ideas de negocio ou impulsar proxectos xa en marcha. Un espazo, organizado polo Polo de Baños de Molgas, pensado para aprender, resolver dúbidas e compartir experiencias que axuden a avanzar con máis seguridade no camiño emprendedor.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial

🗓️ Martes, 14 de xullo I 10:00 h - 12:30 h
📍 Xardíns Rosalia de Castro, 1, Maceda, Concello de Maceda
Emprender é un reto, pero non tes por que facelo soa. Nesta actividade, organizada polo Polo de Baños de Molgas, descubrirás recursos, ferramentas e oportunidades que poden axudarche a converter unha idea nun proxecto sólido e viable.
Ao longo da sesión coñecerás as principais axudas e subvencións ás que podes acceder, as diferentes opcións para crear o teu negocio e os aspectos básicos que debes ter en conta para iniciar ou consolidar a túa actividade. Ademais, presentarase Medrando Xuntas, un proxecto pensado para acompañar ás mulleres emprendedoras, ofrecendo asesoramento, apoio e recursos para fortalecer o seu camiño empresarial.
Se estás pensando en emprender, se acabas de comezar ou se buscas novas oportunidades para facer crecer o teu negocio, esta formación é para ti.
Anímate a participar! Investe unhas horas en coñecer información útil, resolver dúbidas, conectar con outras mulleres emprendedoras e dar un paso máis cara ao teu futuro profesional.
Programa:
10:00 h - Recepción de asistentes e benvida. Presentación da xornada.
10:10 h - Presentación do Polo e os seus servicios
10:15 h - Explicación das principais axudas e subvencións da nosa consellería dirixidas a mulleres tanto a novas emprendedoras coma aquelas con proxectos iniciados e/ou consolidados.
10:40 h - Explicación das principais formas xurídicas.
11:10 h - Que é Economía social. Relatorio a cargo de Álex Pereira
11:50 h - Que é o Programa Medrando Xuntas Relatorio a cargo de Cristina Mosteiro
12:20 h - Rolda de preguntas e aclaración de dúbidas
12:30 h - Peche de xornada
![]()
ColaboradoresEusumo - Concello de Maceda