Comunicación para un networking efectivo

Dende 07 de maio, 2026 - Ata 07 de maio, 2026

O Polo de Melide organiza unha formación práctica para descubrir estratexias e habilidades de comunicación para establecer vínculos empresariais como ferramenta clave para xerar oportunidades, visibilidade e crecemento profesional. Non quedes sen praza!

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Xoves, 7 de maio I 10:30 h - 13:00 h 

📍 Lugar: Confederación de Empresarios de Galicia. (Salón de Actos) R/ do Vilar, n 54, baixo, Santiago de Compostela

 

No Polo de Melide poñemos o foco nun aspecto clave para o crecemento profesional: a capacidade de comunicar e crear relacións que xeren oportunidades reais. Moitas persoas con proxectos interesantes atopan dificultades á hora de transmitir o seu valor ou de aproveitar ao máximo os espazos de contacto profesional. Por iso, propoñemos unha experiencia pensada para dar ese salto.

 

Trátase dunha proposta práctica e dinámica na que combinarás contidos claros con exercicios reais que che permitirán mellorar a túa forma de relacionarte no ámbito profesional. Aprenderás a moverte con soltura en contornas de contacto, a identificar oportunidades e a sacar partido a cada conversa.

 

Traballarás estratexias para ampliar a túa rede, gañar seguridade ao presentar o teu proxecto e construír unha mensaxe propia, clara e diferenciadora. O obxectivo é que cada interacción deixe pegada e poida converterse nunha colaboración futura.

Se queres destacar, conectar con intención e transformar conversas en oportunidades, este é o teu espazo.

 

Programa

10:30 h - Recepción de asistentes e benvida

 

10:35 h -  Presentación do evento

Presentación do Polo de emprendemento

 

10:40 h 

Comunicación para un networking efectivo

Dña. Beatriz García Cibreiro de COMUNICARTE 

  • Claves dun networking efectivo
  • A comunicación como ferramenta diferencial
  • Cómo construír unha mensaxe que conecte
  • Estratexias para ampliar a túa rede de contactos
  • O seguimento, onde ocorre o verdadeiro networking

 

12:30 h 

Espazo networking. Petiscos

 

13:00 h 

Peche da xornada


Presencial

Voltar