Compartindo experiencias: competencias dixitais con Edits

Dende 29 de setembro, 2026 - Ata 29 de setembro, 2026

Unha sesión práctica para aprender a editar vídeos con Edits e crear contidos atractivos para redes sociais, potenciando a comunicación e visibilidade dos proxectos emprendedores.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Martes, 29 de setembro I 10:00 h - 12:00 h

📍 Polo de Sarria. R/ Diego Pazos, n 20, Sarria, Lugo 

 

Hoxe, unha boa idea necesita tamén unha boa forma de contala. E o vídeo converteuse nunha das ferramentas máis potentes para conectar co público e dar visibilidade a un proxecto emprendedor.

 

Neste networking práctico, organizado polo Polo de Sarria, aprenderás a utilizar Edits, a ferramenta de edición de vídeo para redes sociais, traballando sobre un proxecto real e percorrendo todo o proceso: desde organizar os recursos e montar as secuencias ata incorporar textos, música e efectos e exportar o resultado final.

 

Unha sesión para aprender facendo, descubrir novas posibilidades creativas e adquirir recursos que poderás aplicar directamente aos contidos do teu negocio.

 

Dálle movemento ás túas ideas e convérteas en contidos que conecten.

 

Participa e descubre todo o que podes crear con Edits.

 

Programa: 

10:00 h – Presentación do networking e introdución á ferramenta Edits.
10:20 h – Exercicio práctico guiado de edición dun vídeo, durante o que se abordarán de maneira progresiva os seguintes contidos:

  • Organización de proxectos e recursos.
  • Gravación e importación de contidos.
  • Edición básica de vídeo.
  • Cortes, ritmo e estrutura narrativa.
  • Inserción de textos, subtítulos e elementos gráficos.
  • Música, efectos de son e axustes de audio.
  • Transicións e efectos visuais.
  • Exportación e optimización dos vídeos para Instagram e outras redes sociais.

11:50 h - Resolución de dúbidas e peche da sesión.


Presencial

Voltar