Dende 15 de outubro, 2026 - Ata 15 de outubro, 2026
Nesta sesión práctica organizada polo Polo de Sarria descubrirás que debes revisar no teu ecommerce para evitar erros, reclamacións e sancións.
Categorías: Formación
Modalidades: Online

🗓️ Xoves, 15 de outubro I 10:30 h - 12:00 h
💻 En liña (enviarase ligazón 24 horas antes da sesión)
A túa tenda en liña vende, pero… está todo en regra?
Ter unha web, subir produtos e empezar a vender é só o principio. Detrás de cada ecommerce hai cookies, protección de datos, dereitos das persoas consumidoras, contratación electrónica, publicidade, accesibilidade… E non cumprir con algunhas destas obrigas pode acabar en reclamacións ou sancións.
Por iso, nesta sesión práctica imos poñer o foco no que realmente necesitas saber para revisar a túa tenda en liña e detectar posibles erros antes de que se convertan nun problema.
Veremos casos reais, situacións habituais e recomendacións fáciles de aplicar. E, ao final, levarás contigo unha checklist para comprobar paso a paso se o teu ecommerce está preparado para vender cumprindo a normativa.
Se xa vendes por Internet ou estás pensando en facelo, esta sesión pode aforrarche máis dun quebradeiro de cabeza.
Programa:
10:30 h - Benvida e presentación
10:40 h - Introducción
10:45 h
Bloque 1: Quen está detrás da web?
Bloque 2: Pode un consumidor comprar con todas as garantías?
Bloque 3: Dereitos do consumidor.
Bloque 4: Protección de datos.
Bloque 5: Cookies.
Bloque 6: Publicidade e Marketing.
Bloque 7: Casos reais de sancións.
Bloque 8: Checklist final: Está preparada a túa tenda en liña para vender? 11:45 h Conclusións e posta en común
12:00 h - Peche da actividade
![]()