Como pasar dunha idea a un plan de acción emprendedor

Dende 29 de outubro, 2025 - Ata 29 de outubro, 2025

Explicarase ás persoas que queiran emprender como aterrar a súa idea de negocio para definir o que queren ofrecer e a quen, e o modo de estruturar o seu modelo de negocio

Categorías: Formación

Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)

 

🗓️ Mércores, 29 de outubro | 11:00 - 13:30h

🗣️ + 💻  Híbrido: presencial e streaming

📍 Sede do Polo de Baños de Molgas. Rúa Samuel González Movilla, 38-40, 32701

 

A motivación e unha idea sólida son básicas para construír un proxecto de emprendemento, pero é preciso un terceiro piar: un plan claro e estruturado. O Polo de Baños de Molgas, ante a chegada de novas persoas con ganas de emprender, ofrece esta formación para que saiban como dar os primeiros pasos cara converter as súas ideas en negocios viables.

 

Neste obradoiro cada participante poderá analizar cal é o seu cliente ideal, como é o mercado ao que se incorpora e o modelo de negocio que desenvolver. Deste xeito, contará coas ferramentas para manter o proxecto emprendedor encamiñado cara obxectivos claros, avaliando o seu progreso e mellorando de xeito continuo. 

 

 

Programa

11:00    Recepción de asistentes e benvida. Presentación da xornada.

11:05    Presentación do Polo e os seus servizos

11:10    Folla de roteiro do emprendedor: da idea ao plan. A cargo dos técnicos do Polo Baños de Molgas: Verónica Ferraro e José Manuel Gómez Cabo

11:30    Etapas do emprendemento

11:40    Introdución ás ferramentas máis importantes de cada etapa - teoría e exemplos

12:30    Posta en práctica e posta en común

13:15    Networking

13:30    Peche de xornada

 

 

Se tes unha idea que converter nun proxecto de emprendemento, inscríbete!


Híbrida (presencial+streaming)

Voltar