Dende 05 de outubro, 2026 - Ata 05 de outubro, 2026
Dá o primeiro paso co teu proxecto coñecendo que forma xurídica se adapta mellor á túa idea de negocio. Unha sesión práctica para resolver dúbidas e tomar decisións con maior seguridade.
Categorías: Formación
Modalidades: Online

🗓️ Luns, 5 de outubro I 16:00 h - 17:00 h
💻 En liña
Estás a piques de emprender? Descubre que forma xurídica encaixa mellor co teu proxecto con esta formación organizada polo Polo do Porriño.
Se tes unha idea de negocio ou estás dando os primeiros pasos, esta sesión axudarache a entender as diferenzas entre ser autónomo/a, crear unha Sociedade Limitada ou outras opcións, para que poidas tomar unha decisión con máis seguridade.
Durante a formación veremos que factores debes valorar antes de escoller, coñeceremos as principais formas xurídicas e resolveremos casos prácticos para aplicalo a situacións reais.
Unha sesión pensada para persoas emprendedoras que queren empezar con boas bases.
Inscríbete e dá o seguinte paso no teu proxecto!
Programa:
11:00 h - Que é a forma xurídica? Por que é importante escoller correctamente
11:05 h - Que debemos valorar antes de decidir? Número de persoas, actividade, investimento, responsabilidade e previsión de crecemento
11:10 h - Principais formas xurídicas, Características, vantaxes e aspectos a ter en conta:
- Autónomo/a
- S. L.
- S. L. U.
11:35 h - Dinámica de grupo:
- Presentación de 3 casos ficticios para que o grupo valore cal é a forma xurídica máis adecuada en cada caso e por que.
12:00 h - Peche da formación
- Recomendacións finais e recursos de apoio
![]()