Dende 21 de abril, 2026 - Ata 21 de abril, 2026
Categorías: Conectando o polo co sector...

A Rede Eusumo organiza o curso en liña: "Como crecer máis aló das fronteiras nacionais: claves para internacionalizarse"
Datas: do 21 abril ao 5 de maio de 2026
Modalidade: en liña
Duración: 20 horas
Inscricións: a través do Campus Eusumo
Obxectivo: Comprender e aplicar os fundamentos da internacionalización empresarial nun contexto global, analizando os procesos, as diferenzas culturais entre países, as estratexias de márketing internacional e a xestión operativa necesaria para competir eficazmente en mercados internacionais.
Público obxectivo: Dirixida a entidades interesadas no proceso de internacionalización do seu negocio ou ao público en xeral que desexe adquirir coñecementos sobre a internacionalización.
Programa:
As inscricións estarán abertas ata o 20 de abril de 2026 e faranse seguindo estos pasos:
Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal
![]()