Comercialización e posicionamento de vivendas de uso turístico

Dende 02 de xullo, 2026 - Ata 02 de xullo, 2026

Xornada práctica centrada na comercialización e no posicionamento das Vivendas de Uso Turístico (VUT), na que se abordarán estratexias para mellorar a súa visibilidade, reputación online e rendibilidade a través das principais plataformas de reserva e canles de promoción dixital.

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Xoves, 2 de xullo I 11:00 h - 13:00h 

🖥️ En liña. Enviarase ligazón 24 horas antes da sesión 

 

Se estás a pensar en poñer en marcha ou mellorar a túa Vivenda de Uso Turístico (VUT), esta é unha oportunidade que non deberías deixar pasar.

 

Dende o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol seguimos a impulsar accións pensadas para acompañarte en cada fase do teu proxecto. Tras a boa acollida da xornada de abril sobre normativa e xestión de VUT, na que moitas persoas participantes amosaron interese por afondar na parte máis estratéxica do negocio, damos un paso máis cunha nova sesión centrada na comercialización e o posicionamento no mercado.

 

Nesta actividade práctica e participativa aprenderás como dar maior visibilidade á túa vivenda e mellorar a súa rendibilidade, coñecendo as principais canles de promoción e as claves para destacar nas plataformas de reserva máis utilizadas. Abordaranse tamén aspectos fundamentais como a reputación online, a creación dun anuncio atractivo e as estratexias que marcan a diferenza á hora de aumentar reservas e fidelizar hóspedes.

 

Non será unha sesión teórica máis: traballaremos con exemplos reais, recomendacións aplicables ao teu caso e un espazo aberto para resolver dúbidas e compartir experiencias con outras persoas emprendedoras.

 

Se queres facer que a túa VUT sexa máis visible, competitiva e rendible, esta sesión está pensada para ti.

 

Anímate a participar e dá o seguinte paso no teu proxecto.

 

Programa: 

11.00h - Recepción de asistentes e benvida.

11.10h - Presentación do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Friol.

11.15h - Presentación da actividade e da poñente.

11.20h - Aviturga: Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia. Comercialización das VUT: canles de venda, plataformas e tendencias do mercado.

12.00h - VUT: posicionamento, visibilidade e reputación online.

12.40h - Resolución de dúbidas

12.55h - Conclusión e peche.


Online

Información adicional

ColaboradoresAviturga: Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia

Voltar