Claves fiscais e xurídicas para emprender e afrontar os primeiros anos da actividade

Dende 08 de outubro, 2026 - Ata 08 de outubro, 2026

Tes unha idea de negocio? É hora de poñela en marcha! Inscríbete e descubre todo o que necesitas saber para dar os primeiros pasos con seguridade e confianza.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Xoves, 8 de outubro I 10:30 h - 13:00 h

📍 Confederación de Empresarios de Galicia. R/ do Vilar, nº 54, 2º andar (Salón Galicia). Santiago de Compostela

 

Tes unha idea de negocio, pero sabes todo o que hai que facer para poñela en marcha?

 

Emprender non é só ter unha boa idea. Antes de abrir a porta do teu negocio hai que tomar decisións, facer trámites, coñecer obrigas e deixar moitos cabos ben atados.

 

Que forma xurídica che convén? Que trámites tes que realizar? Como debes facturar? Que obrigas fiscais e documentais terás? E que pasa coa protección de datos, a responsabilidade civil ou o certificado dixital?

 

Nesta actividade práctica, organizada polo Polo de Melide, poñerás orde a todas esas cuestións que aparecen cando decides dar o paso e coñecerás tamén ferramentas e recursos que poden facilitarche a xestión do día a día, desde axudas e subvencións ata aplicacións de intelixencia artificial.

 

Unha sesión pensada para que non emprendas ás cegas e saibas que debes ter en conta antes de comezar e durante os primeiros meses do teu negocio.

 

Porque unha boa idea merece empezar con todo en orde.

 

Programa: 

10:30 h - Recepción de asistentes e benvida.

10:35 h - Presentación do evento

Presentación do Polo de Emprendemento

10:40 h - Emprender con seguridade liderada por

Dña. Silvia Rodríguez & Olga Santos de RIBBO ASESORES

  • Antes de dar o paso: decisións e trámites clave
  • Aspectos legais para garantir unha actividade segura
  • Xa estás en marcha: obrigas
  • Ferramentas e recursos para a xestión eficiente do negocio
  • Rolda de preguntas e resolución de dúbidas

12:40 h - Dinámica participativa: desmonta os principais mitos sobre emprendemento, fiscalidade e xestión empresarial

13:00 h - Peche da xornada 


Presencial

Voltar