Claves de xestión e crecemento na empresa familiar: o caso do Grupo JRilo

Dende 02 de outubro, 2025 - Ata 02 de outubro, 2025

Descubre as bases do éxito dunha empresa familiar a partir dun caso práctico, neste foro organizado por AJE Ferrolterra con Luis Rilo González-Vallés de ponente

Categorías: Outra

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Xoves 2 de outubro | 09:30h - 12:00h

 

📍 Sala Curuxeiras , Porto de Curuxeiras, Ferrol

 

A actividade xirará arredor das claves de xestión e crecemento nunha empresa familiar, tomando como referencia o caso práctico do Grupo JRilo. Luis Rilo explicará:

  • Como afrontar os principais desafíos de xestión nas empresas familiares.

  • As decisións estratéxicas que marcaron a evolución e consolidación do grupo.

  • O papel da innovación e da profesionalización na continuidade empresarial.

  • As oportunidades e retos de futuro para este tipo de compañías en Galicia.

 

Será unha sesión enfocada a achegar aprendizaxes prácticas e inspiradoras para emprendedores, profesionais e responsables de empresas familiares da nosa contorna. Ademais, ao finalizar a actividade haberá un café-networking no que as persoas asistentes poderán intercambiar ideas, establecer contactos e crear novas sinerxías no ecosistema empresarial de Ferrolterra.


Presencial

Voltar