Chispa Emprendedora - Encontro en A Fábrica da Luz

Dende 11 de marzo, 2026 - Ata 11 de marzo, 2026

Un encontro dinámico de dúas horas para conectar emprendedores e emprendedoras do rural galego, compartir experiencias e crear relacións que impulsen novos proxectos e oportunidades

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Mércores, 11 de marzo I 17:00 h - 19:00 h 

📍 A Fábrica da Luz. Barxacova, s/n, Parada de Sil, Ourense 

 

Hai lugares que inspiran. Hai espazos onde a enerxía non só move turbinas, senón tamén ideas. E hai encontros que poden marcar un antes e un despois nun proxecto. Iso é o que queremos provocar con “Chispa emprendedora”, unha xornada pensada para conectar persoas que están a emprender no rural galego.

 

Esta xornada, que celebraremos na espectacular contorna de A Fábrica da Luz, en plena natureza, será un encontro dinámico, participativo e diferente. Non vés só a escoitar: vés a contar, a compartir, a descubrir e a conectar.

 

Trátase dunha xornada, organizada polo Polo de O Barco, de enlace e conexión nun ambiente ameno e próximo dirixida a persoas emprendedoras do rural. Coñecerás outros proxectos e persoas con experiencias comúns, ampliando así as túas redes profesionais. 

 

Ademais, descubrirás en que áreas e de que maneira te pode apoiar o Polo, creando sinerxias que contribúen ao crecemento e ao fortalecemento de iniciativas emprendedoras. 

 

Programa 

17:00 h - Recepción de asistentes 

 

17:05 h - Presentación do Polo e do persoal técnico e mini relato da Fábrica da Luz.

 

17:15 h - Actividade para romper o xeo: “fíos de cores” Actividade deseñada especificamente para que os participantes superen a timidez inicial e anímense a interactuar. Servirá tamén para realizar os emparellamentos da dinámica.

 

17:20 h -  Dinámica: “Río Mao: corrientes de proxectos”
Obxectivo da dinámica: Práctica do storytelling e escoita activa

 

1o Paseo/conversación en parellas (20 ́)
Os emprendedores contaranlle o seu proxecto á súa parella de paseo (10 ́cada un).

 

2o Posta en común (40 ́)
Na posta en común cada persoa presentará o proxecto da súa parella coma se fose propio, 2-3 minutos (deixando á persoa "auténtica" do negocio 1 minuto para que poida engadir ou matizar algo se fose necesario)

 

18:20 h - Conclusións


18:30 h - Petiscos – Xuntanza


19:00 h - Peche da xornada

 

 

 

 

 


Presencial

Voltar