Chatbots para pequenos negocios: atención á clientela e automatización de consultas

Dende 02 de outubro, 2026 - Ata 02 de outubro, 2026

Queres descubrir como un chatbot pode facilitar o día a día do teu negocio? Aprende a crear e probar un chatbot para responder ás consultas máis frecuentes da túa clientela de forma práctica, áxil e responsable. ¡Anímate a participar!

Categorías: Formación

Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)

 

🗓️ Venres, 2 de outubro I 10:00 h - 13:30 h 

📍 Sala de coworking do Polo de Coristanco. Modalidade híbrida: presencial e en liña 

 

E se puideses responder ás preguntas máis frecuentes da túa clientela de forma automática? Horarios, prezos, servizos, dispoñibilidade, citas… Moitas consultas repítense cada día e poden ocupar unha parte importante do tempo de atención.

 

Neste obradoiro práctico organizado polo Polo de Coristanco descubrirás como os chatbots poden axudar ao teu negocio a xestionar estas consultas de maneira áxil, mantendo sempre o control sobre a información e contando coa intervención dunha persoa cando sexa necesario.

 

Durante a sesión poderás:
🔹 Identificar un caso de uso real para o teu negocio.
🔹 Deseñar e probar un prototipo básico de chatbot.
🔹 Crear as súas respostas e percorrido de conversación.
🔹 Coñecer boas prácticas en protección de datos e supervisión humana.

 

Unha formación práctica e accesible para persoas emprendedoras, persoas autónomas e pequenas empresas que queiran incorporar esta tecnoloxía ao seu día a día.

 

Anímate a participar e comeza a deseñar o teu propio chatbot!

 

Programa: 

10:00 h - Benvida e presentación da actividade
Obxectivo: Presentar a sesión, o Polo e a metodoloxía de traballo do obradoiro. Contidos:

  • Recepción das persoas participantes.
  • Presentación do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Coristanco.  Explicación dos obxectivos, da estrutura e do resultado práctico esperado.

 

10:15 h- Que pode facer un chatbot nun pequeno negocio
Obxectivo: Comprender os usos, as posibilidades e os límites dos chatbots na atención á clientela.

Contidos:

  • Que é un chatbot e como funciona unha conversa automatizada.

  • Introdución básica á IA xenerativa aplicada aos chatbots.

  • Casos de uso: preguntas frecuentes, información sobre produtos e servizos, citas, recollida de datos e derivación de consultas.

  • Tarefas que poden automatizarse e situacións nas que debe intervir unha persoa.

 

10:30 h - Deseño do caso de uso e da conversa
Obxectivo: Comprender os elementos necesarios para deseñar un chatbot útil, coherente co negocio e adaptado ás necesidades da clientela.

Contidos:

  • Identificación da persoa usuaria, da necesidade que se pretende resolver e da canle de atención.

  • Selección e organización das preguntas frecuentes e da información de refe- rencia do negocio.

  • Definición do obxectivo e das instrucións do chatbot.

  • Deseño do ton e estilo de comunicación.

  • Definición de regras, límites e información que o chatbot non debe inventar.

  • Criterios de derivación a unha persoa.

  • Aplicación destes elementos ao caso práctico que se empregará posteriormente na demostración.

 

11:30 h -  Pausa e intercambio 

Espazo breve para compartir necesidades, exemplos e posibles aplicacións entre as persoas participantes.

 

12:00 h - Demostración práctica: funcionamento e proba dun chatbot 

Obxectivo: Comprender mediante unha demostración en directo como funciona un chatbot de atención á clientela e como responde ante diferentes tipos de consultas.

 

13:00 h - Uso responsable, supervisión humana e peche
Obxectivo: Coñecer os criterios básicos para utilizar chatbots de forma responsable e identificar os seguintes pasos para a súa aplicación nun negocio.


Híbrida (presencial+streaming)

Voltar