Dende 18 de abril, 2026 - Ata 18 de abril, 2026
O Camiño do Empreendemento Musical terá lugar en A Coruña o próximo 18 de abril de 2026, na que será unha cita fundamental para o sector musical galego. Este evento, baixo o lema "Galicia móvese", reunirá profesionais da música e do emprendemento para debater, compartir experiencias e explorar as novas oportunidades que ofrece a industria musical tanto a nivel local como internacional.
Categorías: Foro/Encontro aberto
Modalidades: Presencial
A xornada estrutúrase en dúas mesas temáticas que analizarán o potencial de Galicia como referente na música e o emprendemento. O evento comezará ás 17:00 horas e terá lugar nas instalacións de COE Galicia, en A Coruña. A entrada será libre ata completar aforo.

No primeiro bloque, titulado "Xiras e Concertos a Gran Escala", intervirán expertos de Live Nation, como Brian Cross (Live Nation), e representantes institucionais como Pablo Fernández, Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, e Lara Meseges, Directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Este bloque centrase na produción e organización de eventos musicais internacionais.

No segundo bloque, "Proxectos Emerxentes en Galicia", falarase sobre as iniciativas e proxectos innovadores que están a xurdir na escena musical galega. Contaremos coa participación de destacadas personalidades do sector como Abdel Ben, de Mar Indomable e ModoPerreo Fest, Karras Martínez de Ether Festival, e Manuel Nogueira de Orballo Cultural, entre outros.

O evento pretende ser un punto de encontro entre músicos, emprendedores, produtores e xente do sector que busca explorar e potenciar as capacidades creativas e económicas da música galega. A xornada ofrece unha excelente oportunidade para establecer redes, presentar novos proxectos e reforzar a presenza de Galicia no panorama musical estatal e internacional.
📅 Data: Sábado, 18 de abril de 2026
🕓 Horario: 17:00 – 19:30 h
📍 Lugar: COE Galicia – Centro de Orientación, Emprego, Acompañamento e Innovación para o Emprego de Galicia, R/ Rafael Alberti, 4 Baixo, 15008 A Coruña
🏷 Modalidade: Presencial
🛠 Organiza: Wake Up!
🤝 Colabora: Xunta de Galicia
⚠ Entrada libre ata completar aforo
![]()
ColaboradoresWake Up!