Camiño do Emprendemento Musical chega a Muxía cun bootcamp para profesionais e proxectos emerxentes do sector musical

Dende 29 de maio, 2026 - Ata 30 de maio, 2026

O Camiño do Emprendemento Musical chega a Muxía os días 29 e 30 de maio de 2026 cun formato de bootcamp dirixido a persoas vinculadas á música, á produción, á creación artística, á promoción de eventos e ao emprendemento cultural.

Categorías: Foro/Encontro aberto

A iniciativa, organizada por Wake Up! coa colaboración da Xunta de Galicia e do Camping Lagomar, propón dous días de formación, convivencia, networking e actividades musicais nunha contorna singular da Costa da Morte. O programa combina obradoiros prácticos, sesións de aprendizaxe, espazos para compartir experiencias e actuacións musicais.

A actividade forma parte do Camiño do Emprendemento Musical, unha iniciativa orientada a conectar talento, industria musical e emprendemento en Galicia, seguindo a liña de anteriores encontros do programa.

Programa do venres 29 de maio

A primeira xornada comezará ás 16:30 h coa presentación do programa e unha sesión de networking entre as persoas asistentes.

Ás 17:00 h terá lugar o Obradoiro para promotores de eventos, centrado en como crear unha marca e un ciclo de eventos desde cero, coa participación de Jose Patiño e Alejandro Pena.

Ás 19:00 hZero Delay impartirá o Obradoiro de produción musical, no que se abordará a creación dun tema paso a paso.

A xornada pecharase ás 20:30 h con cea e actuacións musicais.

 

Programa do sábado 30 de maio

O sábado comezará ás 10:00 h co almorzo e continuará ás 11:00 h cunha andaina polo Camiño dos Faros – Ponte do Porto.

Ás 13:00 h celebrarase un xantar e sesión vermú con actuacións musicais. Pola tarde, ás 16:00 h, terá lugar a sesión Psicoloxía e saúde mental na industria electrónica, con Isabel Folla e Mario García.

Ás 17:30 hBrenda Serna impartirá unha sesión sobre inicio e desenvolvemento de carreira artística. Posteriormente, ás 19:00 h, desenvolverase o Obradoiro de DJ, con Muiños e Karras Martínez.

O bootcamp rematará ás 21:00 h cunha cea e novas actuacións musicais.

Aloxamento

As persoas participantes poderán reservar aloxamento no Camping Lagomar, con dúas opcións dispoñibles:

Bungalow enteiro para 4 persoas
100 €/noite
Inclúe unha habitación con cama de matrimonio, unha habitación con dúas camas individuais e almorzo.

Bungalow compartido para 3 persoas
30 €/persoa/noite
Inclúe tres camas individuais e almorzo.

As reservas deben realizarse a través do correo: info@campinglagomar.es

Información práctica

📅 Data: Venres 29 e sábado 30 de maio de 2026
📍 Lugar: Muxía – Camping Lagomar
🏷 Modalidade: Presencial
🛠 Organiza: Wake Up!
🤝 Colabora: Xunta de Galicia
🏕 En colaboración con: Camping Lagomar
📩 Reservas de aloxamento: info@campinglagomar.es

 


Foro/Encontro aberto

Información adicional

ColaboradoresWake Up! y Camping Lagomar

Voltar