Cámara, Acción, Venda: Crea vídeos de impacto para o teu negocio

Dende 06 de marzo, 2026 - Ata 06 de marzo, 2026

Un obradoiro 100% práctico no que aprenderás a crear vídeos impactantes desde cero utilizando unicamente o teu smartphone e ferramentas de Intelixencia Artificial

Categorías: Formación

Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)

 

🗓️ Venres, 6 de marzo I 10:00 - 13:30 h 

📍 Polo de Coristanco no Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa. Lugar Feiranova, Coristanco, A Coruña 

 

Tes unha idea, un proxecto, un negocio… e sabes que hoxe a visibilidade pasa polo vídeo. E se che dixéramos que podes aprender a facer contido profesional en só 4 horas, usando unicamente o teu smartphone?

 

Chega un obradoiro intensivo, totalmente práctico, pensado para persoas emprendedoras que queren dar un salto na súa comunicación dixital sen depender de terceiros nin investir en equipos caros.

 

Durante a sesión traballarás paso a paso para construír unha peza audiovisual desde cero: desde a idea inicial ata a edición final. Ademais, incorporarás ferramentas de Intelixencia Artificial que che axudarán a:

  •  Xerar ideas creativas sen bloqueo.
  •  Elaborar mensaxes e textos orientados á venda.
  • Mellorar a edición e o acabado visual dos teus vídeos.

 

Non é necesario ter experiencia previa. O obxectivo é claro: que remates a formación cun vídeo listo para publicar nas túas redes.

 

Tamén aprenderás técnicas sinxelas para gañar seguridade diante da cámara, conectar coa túa audiencia e entender como funciona a estratexia básica para aumentar o teu alcance en redes sociais.

 

  • Se queres que o teu negocio destaque nun mercado cada vez máis visual.
  • Se buscas ferramentas prácticas, aplicables desde o minuto un.

 

Este obradoiro é para ti.

 

Dá o paso e converte o teu móbil na mellor ferramenta de marketing do teu proxecto.

 

10:00 h - Recepción e Benvida

Obxectivo: Presentar o Polo como punto de apoio para a súa inte- gración laboral

 

10:15  h - Porque o vídeo é vital hoxe?

Obxectivo: Contextualizar a importancia do formato vídeo e romper o xeo.
Contidos:

  • Tipos de vídeo que funcionan para negocios locais( produto, servizo, marca persoal).

  • Superando a barreira psicolóxica :perder o medo ao "que dirán".

  • Exemplos reais de pequenos negocios que están vendendo grazas ao vídeo.

 

10:30 h - Pre-produción Intelixente: Ideas e Guións con IA

Obxectivo: Nunca máis a "folla en branco". Planificar antes de gra- var.
Tarefas:

  • A estrutura dun vídeo que vende: Gancho+Valor+Chamada á acción.

  • Uso práctico da IA: Como usar ChatGPT ou Gemini para crear un calendario de contidos dun mes en 5 minutos.

    • Redacción do guión do vídeo que se gravará durante o taller.

 

11:00 h - Luces, cámara, móbil: técnicas de gravación 
Obxectivo: Gravar con calidade profesional sen necesidade de equi- po caro.

Tarefas:

  • Configuración da cámara do móbil para máxima calidade (4K, 60fps).

  • Iluminación caseira: como aproveitar ventás e luz natural.

  • O audio: o gran esquecido (trucos para gravar sen micrófono externo).

  • Práctica: Gravación "insitu" dos clips do vídeo planificado.

 

12:00 h - Pausa Café e Networking

Obxectivo: Descanso activo. Fomentar a colaboración (gravación de recursos entre compañeiros).

 

12:30 h - Edición Máxica e IA
Obxectivo: Montar o vídeo en tempo récord e con acabado profesio- nal.

Tarefas:
• Iniciación a CapCut: cortar, pegar, transicións e ritmos.
• Maxia da IA: Xeración de subtítulos automáticos, mellora de voz (eliminar ruído de fondo) e uso do teleprompter dixital.
• Como engadir música en tendencia sen problemas de copyright.

 

13:15h - Publicación e Peche

Obxectivo: Estratexia de saída. Tarefas:

• Como elixir a portada e oshashtags.
• Resolución de dúbidas finais e peche da xornada.

 


Híbrida (presencial+streaming)

Voltar