Café-Xuntanza "Falamos no rural: o conto dos Biosbardos"

Dende 20 de novembro, 2025 - Ata 20 de novembro, 2025

Unha xornada creada para inspirar, conectar e compartir coñecemento entre emprendedores e emprendedoras do rural.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Xoves, 20 de novembro | 17:00 - 19:00 h

📍 Novo café-bar Casa Eladio. Estrada OU-538, 54, Castro Caldelas, Ourense 

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de O Barco organiza unha xornada de conexión e encontro pensada especialmente para persoas emprendedoras que desenvolven os seus proxectos no rural galego. 

 

Trátase de crear un espazo ameno, próximo e colaborativo, co obxectivo de fortalecer lazos, intercambiar experiencias e ampliar redes profesionais entre persoas con intereses e desafíos comúns.

 

Ademais, será unha magnífica oportunidade para coñecer en que áreas e de que maneira podemos apoiarte dende a Rede de polos, impulsando novas sinerxías que contribúan ao crecemento e consolidación das túas iniciativas empresariais. 

 

E, como non pode faltar un momento para conversar con calma e seguir creando vínculos, a xornada rematará cun espazo distendido de petiscos. 

 

🗓️ Programa da xornada

 

17:00 h:  Recepción de asistentes

 

17:05 h: Presentación da Rede do polos e do persoal técnico. 

 

17:15 h:  Actividade para romper o xeo: “Contos relámpago” sesión deseñada especificamente para que os participantes superen a timidez inicial e se animen a interactuar. Esta dinámica promoverá a presentación persoal, o intercambio de ideas e a identificación de necesidades comúns, facilitando así a creación de vínculos e a confianza entre as persoas asistentes. O obxectivo é crear un espazo aberto e ameno onde todos e todas se sintan cómodos para compartir e xerar conversacións significativas que potencien futuras colaboracións.

 

18:00 h: Comparte as túas ideas e retos para emprender no rural de forma anónima. Que dificultades atopas para emprender no rural? As persoas participantes que se animen, escribirán en follas en branco e anónimas, ideas que deixarán nunha mesa común e que os técnicos recollerán para coñecer as necesidades reais do rural.

 

18:15 h: Petiscos – xuntanza

 

19:00 h: Peche da xornada 

 

Ven compartir, inspirarte e conectar. Agardámoste! 

 


Presencial

Voltar