Café - Xuntanza Allariz: encontros que fan negocio

Dende 20 de abril, 2026 - Ata 20 de abril, 2026

Conecta, comparte e descubre oportunidades no Café-Xuntanza Allariz: un encontro dinámico para comerciantes e emprendedores onde os proxectos se cruzan, xorden ideas e xéranse alianzas que impulsen o teu negocio.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Luns, 20 de abril I 15:00 h - 17:00 h 

📍 Café Catro Portiñas. R/ Emilia Pardo Bazán, 11, baixo, Allariz, Ourense 

 

Es comerciante ou emprendedor en Allariz-Maceda? Este é o teu momento para conectar, compartir e descubrir novas posibilidades. O Café-Xuntanza Allariz é un encontro dinámico pensado para que proxectos diversos se crucen, se inspiren mutuamente e xeren alianzas que impulsen o teu negocio.

 

Durante a xornada, cada participante terá a oportunidade de presentar o seu proxecto, compartir retos e recursos, e explorar novas formas de colaboración. Con exercicios interactivos e un speed networking estilo “round-robin”, ninguén quedará sen coñecer aos demais: ¡cada conversa conta para abrir portas a futuros acordos!

 

Ao final, crearemos un mapa de sinerxías que visualice conexións, alianzas e oportunidades que poderían marcar a diferenza no teu proxecto.

 

Programa 

15:00 h - Recepción de asistentes e benvida. Presentación da xornada 

 

15:05 h - Presentación do Polo e os seus servizos 

 

15:15 h 

Actividad speed networking, estilo “round-robin”: Neste esquema, os participantes sentan en mesas e túrnanse para conversar con todos os asistentes. Cada rolda dura un tempo determinado, xeralmente de 3 a 5 minutos, tras o cal soa unha campá ou alarma para indicar que é momento de cambiar de parella.

Este método asegura que cada participante teña a oportunidade de interactuar con todos os demais, maximizando as posibilidades de facer conexións valiosas

 

16:40 h - Elaboración do mapa de sinerxías e conclusións

 

17:00 h - Peche da xornada 

 

 

 

Presencial

Voltar