Dende 28 de maio, 2026 - Ata 28 de maio, 2026
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda, en colaboración coa Rede Eusumo – Medrando Xuntas, organiza un encontro tipo café networking para mulleres emprendedoras co obxectivo de xerar conexións, compartir experiencias e crear novas oportunidades de colaboración.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 28 de maio I 16:30 h - 18:00 h
📍 YÜ Lugar de Encuentro. Av. Ponteareas, 34, A Estrada, Pontevedra
Se es emprendedora, estás a desenvolver unha idea de negocio ou simplemente queres conectar con outras mulleres con inquietudes similares, esta actividade é para ti.
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda en colaboración coa Rede Eusumo - Medrando Xuntas convídate a participar nun encontro tipo café networking pensado para compartir experiencias, crear redes e xerar novas oportunidades de colaboración entre mulleres emprendedoras.
Nun ambiente próximo e participativo, combinaremos pequenas presentacións, conversas abertas e dinámicas de grupo para favorecer o coñecemento mutuo e a creación de sinerxías reais entre proxectos.
Un espazo para inspirarte, conectar e medrar acompañada.
Apúntate e forma parte desta rede de mulleres que emprenden xuntas.
Programa
16:30 h - Recepción de asistentes e benvida
Introdución ao programa Medrando Xuntas – Eusumo
17:00 h - Dinámica de presentación das participantes
Rolda rápida: quen son, que fan e que buscan
17:30 h - Café networking
- Conversas informais en pequenos grupos
- Intercambio de contactos e experiencias
18:00h - Espazo aberto de conclusións. Posta en común de ideas e aprendizaxes
![]()