Branding estratéxico e plataforma de marca – Sesión 2

Dende 29 de xuño, 2026 - Ata 29 de xuño, 2026

Sesión práctica para persoas emprendedoras e autónomas na que aprenderás a definir mellor o teu cliente, analizar a competencia e construír un posicionamento de marca claro e diferencial para comunicar o valor do teu negocio con máis impacto.

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Luns, 29 de xuño I 18:00 - 20:00 

🖥️ En liña. Enviarase ligazón 24 horas antes da sesión.

 

Despois de definir quen é o teu cliente e que fai diferente ao teu negocio, chega o momento de aprender a comunicalo de forma clara, coherente e atractiva.

 

Nesta segunda sesión traballaremos como transformar a estratexia da túa marca en mensaxes reais que conecten co público e che axuden a diferenciarte. Falaremos de valores, personalidade de marca, proposta de valor e comunicación, sempre cun enfoque práctico e pensado para aplicar no teu negocio desde o primeiro momento.

 

A través de exemplos reais e dinámicas guiadas descubrirás como expresar mellor o que fas, transmitir máis confianza e conseguir que a túa marca sexa máis recoñecible e coherente tanto en canles dixitais como presenciais.

 

Apúntate e aprende a comunicar o valor do teu negocio dunha forma máis clara, profesional e diferencial.

 

Programa

18:00 h - Presentación e introdución.

18:10 h- Cliente e insight

18:40 h – Entorno y territorio competitivo

19:10 h – Posicionamiento de marca

20:00 h – Conclusións e peche da actividade


Online

Voltar