Branding estratéxico e plataforma de marca – Sesión 1

Dende 22 de xuño, 2026 - Ata 22 de xuño, 2026

Moitas veces o problema non é o produto, senón como o contamos. Nesta sesión aprenderás a identificar que fai diferente ao teu negocio e como construír unha marca máis clara, coherente e preparada para destacar no mercado.

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Luns, 22 de xuño I 18:00 h - 20:00 h 

💻 En liña. Enviarase ligazón 24 horas antes da sesión 

 

Tes un bo produto ou servizo, pero cústache explicar que te fai diferente? Non sabes como comunicar mellor o valor do teu negocio ou como destacar fronte á competencia?

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Sarria organiza esta sesión práctica pensada para persoas emprendedoras, autónomas e pequenas empresas que queren fortalecer a súa marca e mellorar a forma na que conectan cos seus clientes.

 

Ao longo da formación descubrirás como identificar mellor o teu cliente ideal, entender que valora realmente, analizar a contorna competitiva e definir un posicionamento claro e coherente para o teu negocio. Todo isto cun enfoque práctico, accesible e pensado para aplicar no día a día.

 

A sesión combinará explicacións claras, exemplos reais e dinámicas guiadas para que poidas adquirir ferramentas e criterios útiles que che axuden a tomar decisións de comunicación e marca con máis seguridade e estratexia.

 

Apúntate e comeza a comunicar o valor do teu negocio dunha forma máis clara, diferencial e profesional.

 

Programa

18:00 h - Presentación e introdución.

18:10 h-  Cliente e insight

18:40 h – Entorno y territorio competitivo

19:10 h – Posicionamiento de marca

20:00 h – Conclusións e peche da actividade


Online

Voltar