Dende 08 de novembro, 2025 - Ata 08 de novembro, 2025
Un obradoiro práctico pensado para aquelas persoas que queren mellorar o seu equilibrio emocional, reducir a tensión e potenciar a súa produtividade laboral
Categorías: Outra

🗓️ Sábado, 8 de novembro | 18:00 - 19:00 horas
📍 Hotel Attica 21, Vilalba
Nesta sesión exploraremos as bases do mindfulness aplicado ao ámbito profesional, unha ferramenta sinxela e eficaz para xestionar o estrés e mellorar o benestar no día a día laboral. A través de exercicios de atención plena e técnicas de relaxación, aprenderemos a cultivar unha mente máis calma e centrada, capaz de afrontar con serenidade os desafíos do traballo.
A actividade está especialmente dirixida a empresarios/as e emprendedores/as que desexan mellorar o seu equilibrio emocional, reducir a tensión e gañar claridade mental nun contorno profesional esixente.
![]()