Benestar no camiño emprendedor

Dende 13 de agosto, 2026 - Ata 13 de agosto, 2026

O Polo de Verín desenvolve esta actividade que busca impulsar o coidado persoal e fortalecer a comunicación e o contacto entre as persoas emprendedoras

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Online

 

🗓️ Xoves, 13 de agosto I 11:00 h - 13:00 h

💻 En liña

 

Emprender implica moito máis que poñer en marcha un negocio. É un proceso de desenvolvemento persoal e profesional cheo de retos, como a toma de decisións, a incerteza, a xestión do tempo, a adaptación ao cambio, a responsabilidade… Por iso, coidar o benestar emocional é vital neste camiño.

 

Neste sentido, a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego desenvolve esta actividade que busca crear un espazo de encontro para compartir experiencias, expresar inquedanzas e reflexionar sobre os desafíos deste proceso. Os obxectivos? Promover o benestar emocional das persoas emprendedoras; crear unha rede de apoio en contacto que favoreza a colaboración e reduza a sensación de illamento; e sensibilizar sobre a importancia do coidado persoal.

 

A actividade, que se desenvolverá en formato en liña, contará coa experiencia persoal da facilitadora Lorena Parada, fundador de Rincón Mágico de Épona, como exemplo de emprendemento vinculado ao benestar, á creatividade e ao desenvolvemento persoal no medio rural.

 

PROGRAMA

 

11:00 - Benvida e presentación da actividade.

Presentación do encontro, dos seus obxectivos e da dinámica que seguirá a sesión.

 

11:10 - Que é para ti emprender?

Reflexión compartida sobre o significado de emprender, invitando ás persoas participantes a conectar coa súa propia experiencia e a descubrir como o emprendemento vai máis alá da creación dun proxecto.

 

11:35 - O benestar no camiño emprendedor.

Reflexión sobre o proceso emprendedor desde unha perspectiva humana, abordando as emocións, a mentalidade, os cambios, os patróns adquiridos arredor do traballo e a importancia do benestar para sosterse ao longo do camiño.

 

12:00 - Espazo de encontro e intercambio de experiencias.

Diálogo participativo entre as persoas asistentes para compartir vivencias, retos, aprendizaxes e diferentes momentos do proceso emprendedor, favorecendo a reflexión colectiva e o apoio entre iguais.

 

12:35 - Emprender tamén pode ser acompañado.

Reflexión compartida sobre o valor das redes de apoio, da colaboración e do acompañamento como elementos fundamentais para construír proxectos sostibles e sosterse no tempo.

 

12:55 - Peche da sesión.

Síntese das principais reflexións compartidas, conclusións finais e despedida das persoas participantes.

 

Inscríbete!


Online

Voltar