Artesanía do emprendemento

Dende 24 de outubro, 2025 - Ata 24 de outubro, 2025

O Polo de Emprendemento Mondoñedo organiza unha xornada inspiradora de emprendemento artesanal no corazón do Barrio dos Muíños. Da man de Maica e Marcelo, coñeceremos como vivir da artesanía con paixón e identidade, mentres cada participante crea a súa propia peza no alfar.

Categorías: Os venres dos polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Venres, 24 de outubro | 10:30 - 12:30 h

📍 Alfar Os Muiños, Rúa Muiños de Arriba, 28, 27740. Mondoñedo

 

No marco da iniciativa Venres dos Polos, o Polo de Emprendemento de Mondoñedo promove esta actividade para visibilizar proxectos de emprendemento artesanal sostible e inspirador. A xornada desenvolverase no alfar de Maica e Marcelo, da marca Artesanía do Pasatempo, artesáns con máis de 25 anos de traxectoria que abrirán as portas do seu obradoiro para compartir a súa historia de vida e negocio.

 

A actividade terá lugar no emblemático Barrio dos Muíños, coñecido como a pequena Venecia de Mondoñedo, un espazo artístico no que o Concello colabora activamente para manter viva a súa identidade cultural, favorecendo o arraigo de persoas creadoras.

 

Durante a sesión, os asistentes poderán coñecer de primeira man como os protagonistas foron profesionalizando a súa actividade ata convertela nun emprendemento consolidado, mentres moldean coas súas propias mans unha peza de barro no espazo creativo do alfar.

 

Un encontro vivencial que mestura inspiración, aprendizaxe, tradición e comunidade.

 

Programa
10:30 h: recepción de asistentes e apertura institucional da xornada.
10:45 h: conversa con artesáns: Como vivir da artesanía e manter a paixón, con Maica e Marcelo de Artesanía do Pasatempo.
11:30 h: espazo creativo e resolución de dúbidas.
12:30 h: networking e peche da sesión.

 

A actividade ten como obxectivo visibilizar proxectos de emprendemento artesanal local como modelos inspiradores, fomentando a reflexión sobre a viabilidade da artesanía como modo de vida. Ademais, pretende poñer en valor o patrimonio cultural e artístico de Mondoñedo, promover a aprendizaxe práctica a través da creación manual e reforzar a identidade creativa do territorio e da súa comunidade.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresArtesanía do Pasatempo

Voltar