Dende 05 de xuño, 2026 - Ata 05 de xuño, 2026
Vive a experiencia dunha feira desde dentro e aprende in situ como preparan o seu stand outros emprendedores. Unha oportunidade para coñecer trucos reais, inspirarte e descubrir como sacar o máximo partido á túa próxima participación.
Categorías: Networking da Rede de Polos

🗓️ Venres, 5 de xuño I 11:00 h - 12:45 h
📍 Sede do Polo de emprendemento de Silleda. R/ Trasdeza, nº70, baixo e no
📍Recinto Feiral de Galicia en Silleda. R/ Feira Internacional de Galicia,Silleda
Participar nunha feira pode ser unha das mellores oportunidades para dar visibilidade ao teu negocio, conectar con clientes e aprender de outros proxectos… pero tamén require saber como prepararse para aproveitar realmente cada minuto.
Nesta actividade, organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda, propoñémosche unha experiencia diferente: non só aprenderás consellos prácticos para mellorar a túa presenza nunha feira, senón que poderás vivilo en primeira persoa na contorna da Semana Verde, unha das citas multisectoriais máis importantes da comunidade.
Comezaremos cunha sesión breve e útil na sede do Polo, onde descubrirás claves sinxelas pero fundamentais para destacar nun stand, atraer público e comunicar mellor o teu proxecto. Pequenos detalles que poden marcar unha gran diferenza.
A continuación, trasladarémonos ao recinto feiral para coñecer de preto a experiencia de emprendedores e entidades que xa participan activamente no evento. Falaremos con eles, coñeceremos os seus proxectos e, sobre todo, aprenderemos da súa traxectoria: que lles funcionou, que mellorarían e que non volverían facer.
Un encontro pensado para inspirarte, resolver dúbidas reais e axudarche a dar o paso de participar con seguridade e criterio nas túas propias feiras.
Se tes un proxecto emprendedor e queres levalo ao seguinte nivel, esta xornada é para ti. Ven aprender, observar e conectar… e quizais, dar o primeiro paso para estar ti tamén no outro lado do stand.
Programa
11:00 h - Recepción de asistentes e benvida
11:10 h - Presentación breve con consellos para aproveitar o paso polas feiras
11:45 h - Finalización da xornada no Polo e desprazamento ao recinto feiral
12: 00 h - Visita aos stands de emprendedores e institucións presentes na feira
12:45 h - Peche da xornada
![]()