Aprende como xestionar as túas finanzas da man do Banco de España

Dende 08 de outubro, 2025 - Ata 08 de outubro, 2025

Actividade formativa entre o Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol e o Banco de España co obxectivo de aprender a planificar e xestionar as finanzas persoais de forma segura e responsable.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

A planificación financeira debe ser sistemática e informada, para poder ter unha economía persoal equilibrada e sustentable a longo prazo. O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol ofrece nesta formación impartida por técnicos do Banco de España as ferramentas e coñecementos clave para desenvolver unha planificación financeira eficaz.

 

Ao longo desta sesión abordaranse conceptos fundamentais e coñecementos clave como o orzamento, as opcións de financiamento dispoñibles e os dereitos como cliente bancario, de cara á toma de decisións económicas planificadas e seguras.

 

 

Programa:

10:30 h - Recepción de asistentes e apertura institucional da xornada

10:45 h - Sesión formativa impartida polo Banco de España

12:30 h - Espazo de preguntas e resolución de dúbidas

13:00 h - Peche da sesión

 

Mellora as túas habilidades financeiras nesta actividade formativa da man do Banco de España.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresConcello de Ferrol

Voltar