Aprende a xestionar as redes sociais para a túa entidade de economía social

Dende 25 de novembro, 2025 - Ata 25 de novembro, 2025

Categorías: Outra

Modalidades: Online

 

A Rede Eusumo organiza a actividade en liña: "Aprende a xestionar as redes sociais para a túa entidade de economía social"

 

Datas: do 25 de novembro ao 9 de decembro 2025

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Obxectivos: Darlle a coñecer ao alumnado as ferramentas e as tendencias actuais que lles permitirán desenvolver a súa propia estratexia en redes sociais e mellorar a súa presenza nun contorno dixital altamente competitivo.​

 

Público obxectivo:

 

1. Persoas desempregadas

2. Persoas traballadoras ou socias de entidades de economía social en Galicia

3. Público en xeral

 

Programa:

 

MÓDULO 1. Introdución ás redes sociais

MÓDULO 2. Planificación estratéxica en redes sociais

MÓDULO 3. Creación de contido atractivo

MÓDULO 4. Xerar comunidade nas redes sociais

MÓDULO 5. Xestión e programación de contidos

 

As inscricións estarán abertas ata o 24 de novembro de 2025 e faranse seguindo estes pasos:

1. Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)

2. Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

 

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal


Programa

Online

Voltar