Aprende a utilizar WhatsApp para o teu negocio

Dende 13 de novembro, 2025 - Ata 13 de novembro, 2025

Formación gratuíta en O Bolo para aprender a usar WhatsApp Business no teu negocio: comunica, vende e fideliza clientes de forma sinxela

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

 

🗓️ Xoves, 13 de novembro | 17:00 - 18:30 h

📍 Centro de coworking O Bolo (antiga casa cuartel)  

 

Cada vez máis persoas emprendedoras  e comercios utilizan WhatsApp para falar cos seus clientes, resolver dúbidas e mesmo vender os seus produtos. Ti tamén queres aproveitar todo o seu potencial?

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de O Barco, en colaboración co Concello de O Bolo, organiza unha formación práctica e gratuíta na que descubrirás como empregar WhatsApp Business para:

 

  • Comunicarte de forma directa e profesional cos teus clientes
  • Mostrar produtos e xestionar pedidos
  • Fidelizar compradores e mellorar a túa atención

 

🗓️ Programa da xornada 

 

17:00 h: Recepción de asistentes

 

17:10 h:  Aprende a utilizar WhatsApp para o teu negocio

 

1. Que é WhatsApp Business? 

2. Cal é a diferenza entre WhatsApp e WhatsApp Business? 

3. Descargar e configurar WhatsApp Business en iOS 

4. Descargar e configurar WhatsApp Business en Android 

5. Como configurar as notificacións de WhatsApp Business? 

6. Que son as respostas rápidas en WhatsApp Business? 

7. Como configurar as respostas rápidas en Android?

8. Como configurar as respostas rápidas en iOS?

9. Como enviar unha mensaxe masiva en WhatsApp Business?

10. Como crear un catálogo dixital en WhatsApp Business?

11. Que son os Bots en WhatsApp Business?

12. Como configurar os ChatBots en WhatsApp Business?

13. Etiquetas en WhatsApp Business

14. Como crear Estados en WhatsApp Business?

15. Como medir as estatísticas en WhatsApp Business?

 

18:20 h: Dúbidas e preguntas

 

18:30 h:  Peche da sesión


Presencial

Información adicional

ColaboradoresConcello de O Bolo

Voltar