Aplica a intelixencia artificial no teu negocio II

Dende 27 de maio, 2026 - Ata 27 de maio, 2026

Descubre como a intelixencia artificial pode axudarche a mellorar o teu negocio, optimizar procesos e aproveitar novas oportunidades de crecemento de forma sinxela e práctica nesta formación organizada polo Polo de Baños de Molgas

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Mércores, 27 de maio I 9:00 h - 14:00 h 

📍 Casa da Mocidade. R/ Liberdade, n7, Allariz, Ourense 

 

No marco das accións formativas orientadas á transformación dixital do tecido emprendedor, esta actividade organizada polo Polo de Baños de Molgas céntrase en achegar ás persoas participantes ás posibilidades que ofrece a Intelixencia Artificial como ferramenta práctica para mellorar a competitividade dos seus proxectos.

 

A través dunha sesión dinámica e participativa, os asistentes poderán coñecer de primeira man diferentes aplicacións e recursos baseados en IA, aprendendo a incorporalos de maneira efectiva no seu día a día profesional. Traballarase desde unha perspectiva accesible e aplicada, favorecendo a experimentación directa con ferramentas que permiten automatizar tarefas, mellorar a comunicación, reforzar a presenza dixital e optimizar a toma de decisións.

 

Durante a xornada abordaranse conceptos fundamentais como o uso eficiente dos prompts para interactuar coa IA, o manexo de asistentes conversacionais e a exploración de tecnoloxías de xeración automática de imaxes e vídeo, mostrando exemplos concretos do seu potencial para impulsar iniciativas emprendedoras.

 

Con esta actividade búscase que as persoas participantes adquiran unha visión práctica e actualizada sobre o impacto da Intelixencia Artificial, identificando oportunidades reais de aplicación nos seus negocios e desenvolvendo habilidades clave para adaptarse aos novos retos da economía dixital

 

Programa

9:00 h - Benvida e presentación da xornada a cargo dos técnicos de Polo de Emprendemento

9:10 h - Ferramentas prácticas de IA

  • Uso do Prompt
  • IA Conversacionais
  • Modelos de xeración de imaxe e video

14:00 h - Peche da xornada 

 


Presencial

Información adicional

ColaboradoresConcello de Allariz

Voltar