Dende 20 de maio, 2026 - Ata 20 de maio, 2026
Descubre como a intelixencia artificial pode axudarche a mellorar o teu negocio, optimizar procesos e aproveitar novas oportunidades de crecemento de forma sinxela e práctica nesta formación organizada polo Polo de Baños de Molgas
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 20 de maio I 9:00 h - 14:00 h
📍Casa Mocidade. R/ da Liberdade 7, Allariz, Ourense
Nun mundo cada vez máis dixital e competitivo, adaptarse xa non é unha opción: é unha necesidade. Con esta actividade “Aplica a intelixencia artificial no teu negocio” organizada polo Polo de Baños de Molgas en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios descubrirás como usar a IA de forma práctica para mellorar procesos, tomar mellores decisións e atopar novas oportunidades reais para medrar.
Nesta formación aprenderás desde os fundamentos da intelixencia artificial ata como aplicala no teu día a día, utilizando ferramentas sinxelas que che permitirán aforrar tempo, optimizar o teu traballo e potenciar a túa marca persoal.
Se es emprendedor/a, tes un negocio ou queres poñerte ao día nas novas tecnoloxías, esta é a túa oportunidade.
Non quedes atrás. Apúntate agora e comeza a transformar o teu negocio coa IA.
Programa
9:00 h - Benvida e presentación da xornada a cargo dos técnicos de Polo de emprendemento
9:10 h - Fundamentos da IA: Definición, historia e tipos de intelixencia artificial, incluída a xerativa.
Aplicacións Empresariais: Beneficios, riscos e pasos para unha implementación efectiva na empresa.
Ferramentas Prácticas: Uso de prompts para obter mellores resultados.
14:00 h - Peche da xornada
![]()
ColaboradoresConcello de Allariz