Dende 28 de maio, 2026 - Ata 28 de maio, 2026
Encontro sobre apicultura que combina experiencias profesionais, mesa de debate e degustación de meles locais, para reflexionar sobre os retos do sector e poñer en valor o seu papel clave no desenvolvemento do medio rural.
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 28 de maio I 10:00 h - 14:00 h
📍 Sede do Polo de Verín. Estrada do Polígono Industrial, n 99, Pazos, Verín
A apicultura é moito máis ca unha actividade tradicional: hoxe é tamén un sector con gran potencial emprendedor, innovador e sostible, clave para a biodiversidade e o desenvolvemento do noso rural.
Con esta actividade organizada polo Polo de Verín en colaboración coa Cooperativa Verín Biocoop SCG convidámoste a participar nun encontro único no que coñecerás experiencias reais de profesionais do sector, descubrirás proxectos inspiradores e poderás achegarte aos principais retos aos que se enfronta a apicultura na actualidade: desde o impacto dos incendios forestais e a vespa velutina, ata os efectos do cambio climático ou a evolución cara a novos modelos de produción e comercialización.
Un espazo pensado para compartir coñecemento, reflexionar xuntas e xuntos e poñer en valor o papel estratéxico das abellas e do mel no noso territorio.
E para rematar, gozaremos dunha degustación de meles locais, unha experiencia sensorial para descubrir aromas, sabores e a identidade do produto apícola da nosa comarca, favorecendo ademais o encontro entre persoas participantes.
Unha xornada para aprender, inspirarse e conectar co futuro do rural. Apúntate!
Programa
10:00 h - Recepción de asistentes e benvida ao Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín
10:15 h - Inicio da primeira parte. Presentación dos casos de éxito vinculados ao sector apícola:
11:15 h - Inicio da segunda parte. A MESA DE DEBATE DE APICULTURA
13:15 h - Inicio da degustación de meles dos apicultores participantes
13:55 h - Peche da actividade e agradecementos
14:00 h - Petiscos
![]()