Amas da Terra. Dinamización do talento e emprendemento feminino no rural da man de Lucía Freitas (producción agroalimentaria, turismo, artesanía e gastronomía).

Dende 28 de outubro, 2025 - Ata 28 de outubro, 2025

A actividade organizarase en formato charla-taller, e contará con dúas partes. Na primeira parte realizaranse as presentacións do Polo, do proxecto Amas da Terra de Lucía Freitas e unha mesa redonda das experiencias emprendedoras femininas vinculadas coa terra. Na segunda parte levarase a cabo un “laboratorio” no que se debuxará a situación actual do sector e as súas necesidades e veranse propostas de posibles solucións.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Martes, 28 de outubro | 10:00 a 14:15 horas

📍 Estrada do Polígono Industrial, 99 (Verín)

 

Amas da Terra é un proxecto social, cultural e gastronómico impulsado pola cociñeira Lucía Freitas, que pretende visibilizar a todas as mulleres que forman parte da gastronomía galega.

Esta actividade, organizada en formato charla e taller, busca dar a coñecer este proxecto; conectar experiencias enriquecedoras e potenciar o emprendemento feminino; así como presentar os recursos que ofrece a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego para iniciativas neste eido.

 

O programa conta cunha mesa redonda, un espazo de diálogo e reflexión sobre o emprendemento no rural, na que se porán en valor proxectos liderados por mulleres que xeran impacto económico, social e ambiental dende a conexión no territorio. Ademais de Lucía Freitas, nesta mesa participarán:

  • Begoña Vázquez. Mellor Cociñeira Galega 2024.
  • Antonia “Toña” Calvo. Mellor produtora de pataca na II Edición dos Premios Nacionais 2025.
  • Josefa Álvarez “Morena de As Chás”. Destacada viticultora e membro da Cofradía D.O. Monterrei.

A actividade contempla tamén o Laboratorio Amas da Terra, unha dinámica guiada en grupos de traballo na que se abordarán os seguintes temas:

  • Situación actual do sector.
  • Mapeo de necesidades
  • Propostas sobre posibles solucións

Para rematar a actividade, realizaremos un micro-networking.

 


Presencial

Información adicional

ColaboradoresAmas da Terra & Lucía Freitas

Voltar