Amas da Terra: Saberes e sabores dinamizadores do emprendemento feminino no rural

Dende 28 de novembro, 2025 - Ata 28 de novembro, 2025

Unha experiencia organizada desde o Polo de Melide para aprender, compartir e render homenaxe ás mulleres que lle dan sabor e alma á nosa terra

Categorías: Os venres dos polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Venres, 28 de novembro | 9:30 - 13:15 h

📍 Centro de transformación de froitas, verdura e cereais do Espazo Colaborativo Transformando Brión. Centro Comercial Monte Balado, avda. dos Ánxeles, s/n, Brión 

 

O rural galego está cheo de talento, tradicións e sabores únicos, e queremos poñelos en valor! Por iso, dende o Polo de Melide , xunto co proxecto Amas da Terra e a cociñeira Lucía Freitas, organizamos este encontro pensado para visibilizar e apoiar o emprendemento feminino no sector agroalimentario.

 

O evento é unha oportunidade única para aprender, compartir experiencias e descubrir como as mulleres están a transformar o rural en espazos de innovación, sustentabilidade e creatividade. Aquí combinarase a teoría coa práctica: talleres, diálogos, presentacións de proxectos e, por suposto, degustación de produtos locais que che farán sentir a esencia do noso territorio.

 

🗓️ Programa da xornada

 

9:30 h: Recepción de asistentes e benvida 

 

9:35 h: Presentación do evento 

 

9:45 h:

Presentación da Rede de polos de emprendemento 

Presentación Espazo Colaborativo Transformando Brión da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación de A Coruña 

 

10:00 h: Presentación proxecto Amas da Terra da man de Lucía Freitas 

 

10:45 h: Presentación dos proxectos invitados 

 

  • Carmen Freire Cruces. Mesquiteiras 
  • Lucía Ferreira Fernández. Veiga do Espiño 
  • Ana Fuentes. Bendito Shiitake 
  • Allyson Monzón. Nutricionista 

 

11:30 h: Pausa café 

 

12:00 h: Laboratorio colaborativo Amas da Terra & Lucía Freitas: análise da situación actual do sector. Mapeo de necesidades e propostas de solución 

 

13:15 h: Posta en común e conclusións 

 

13:30 h: Peche da xornada 

 

Presencial

Información adicional

ColaboradoresEspazo Colaborativo Transformando Brión. Concello de Brión.

Voltar