Dende 29 de setembro, 2026 - Ata 29 de setembro, 2026
Se tes unha idea, un proxecto ou simplemente ganas de conectar con outras mulleres que están a transformar o territorio, Amas da Terra é o teu lugar. Unha xornada para inspirarte, compartir experiencias e crear novas oportunidades.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Martes, 29 de setembro I 9:45 h - 13:15 h
📍 Ateneo Casino. Avda de Galicia, 31, Monforte de Lemos
Hai proxectos que nacen dunha idea, e outros que medran grazas ás persoas que atopamos polo camiño. Amas da Terra é un espazo pensado para iso: reunir mulleres emprendedoras, profesionais e axentes do territorio para compartir experiencias, crear conexións e abrir novas oportunidades.
Da man da chef Lucía Freitas, coñeceremos un proxecto que reivindica o legado das mulleres galegas na gastronomía e na cultura, ademais das historias reais de tres emprendedoras da contorna que compartirán as súas traxectorias e aprendizaxes.
Unha mañá para inspirarte, facer rede e descubrir recursos que poden impulsar a túa iniciativa.
Inscríbete e forma parte de Amas da Terra.
Programa:
9:45 h - Recepción de asistentes e benvida
10:00 h - Presentación do programa Amas da Terra: Lucía Freitas e Toni Fernández.
10:25 h - Intervención de catro mulleres da contorna, que compartirán a súa experiencia persoal e profesional, así como as súas traxectorias no ámbito social, cultural e emprendedor:
11:15 h - Descanso e café
11:45 h - Laboratorio Amas da Terra
13:15 h - Peche da xornada e despedida
![]()
ColaboradoresAsociación Amas da Terra e a Asociación Empresarios Ribeira Sacra Next