Amas da Terra by Lucía Freitas: Talento, territorio e emprendemento feminimo

Dende 16 de xuño, 2026 - Ata 16 de xuño, 2026

Unha xornada para inspirarse, compartir experiencias e fortalecer o papel das mulleres como motor de transformación e desenvolvemento do territorio.

Categorías: Conectando o polo co sector...

 

🗓️ Martes, 16 de xuño I 9:45 h - 13:15 h 

📍 Casa do Mel (ó lado do Restaurante Casa Díaz). Carretera de Pontedeume, Goente, As Pontes 

 

Hai nomes que non aparecen nos libros, pero que sosteñen a memoria dun pobo. Hai mans que sementaron tradicións, coidaron comunidades e transmitiron saberes que hoxe forman parte da identidade de Galicia. Esas mans teñen nome de muller.

 

Amas da Terra é moito máis ca unha xornada organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Ferrol: é un encontro para recoñecer, compartir e construír. Un espazo pensado para mulleres emprendedoras, profesionais, axentes do territorio e todas aquelas persoas que cren no poder transformador das redes e do talento feminino.

 

Da man de Lucía Freitas, coñeceremos un proxecto que rende homenaxe ás mulleres que fixeron da gastronomía e da cultura galega un legado vivo. Escoitaremos historias reais de mulleres da contorna que abriron camiños, superaron retos e converteron as súas ideas en oportunidades.

 

Pero tamén será un momento para mirar cara ao futuro. Para sentarnos arredor dunha mesa, compartir experiencias, descubrir os recursos do territorio e crear novas alianzas. Porque cando as mulleres se atopan, nacen as ideas. E cando colaboran, medra o territorio.

 

Se tes unha iniciativa, un proxecto, unha inquietude ou simplemente ganas de conectar con outras mulleres que inspiran e transforman, este é o teu lugar.

 

Vén formar parte de Amas da Terra. Porque as raíces que nos unen son tamén a forza que nos impulsa.

 

 

Programa

9:45 h - Recepción de asistentes e benvida

10:00 h - Presentación do programa Amas da Terra: Lucía Freitas e Toni Fernández.

10:15 h - Intervención de tres mulleres da contorna, que compartirán a súa experiencia persoal e profesional, así como as súas traxectorias no ámbito social, cultural e emprendedor:

  • Cristina Pérez Parga. Granxa Lourán
  • Carmen Caínzos. Ay Carmen! Marmeladas e pementos
  • Isabel Goti Caaveiro. Apicultora e técnica en Cada do Mel de Goente

11:15 h - Descanso e café

11:45 h - Laboratorio amas da Terra

13:15 h - Peche da xornada e despedida 

 


Conectando o polo co sector...

Voltar