Amas da Terra by Lucía Freitas: visibilizando o labor da muller

Dende 23 de xuño, 2026 - Ata 23 de xuño, 2026

Historias que inspiran, experiencias que conectan e un espazo para construír novas oportunidades. Amas da Terra reunirá no Carballiño a mulleres referentes, emprendedoras e axentes do territorio nunha xornada dedicada ao empoderamento feminino e ao desenvolvemento local.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Martes, 23 de xuño I 9:45 h - 13:15 h 

📍 Fábrica de Papel de Lavandeira. Camiño dos Patos, O Carballiño, Ourense 

 

As historias que transforman os territorios teñen nome de muller. Por iso nace Amas da Terra, unha xornada de encontro e inspiración organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Carballiño xunto con Lucía Freitas, dirixida a emprendedoras, profesionais, axentes do territorio e a todas aquelas persoas interesadas no empoderamento feminino e no desenvolvemento local.

 

Ao longo da mañá, as persoas participantes poderán coñecer de primeira man as experiencias de mulleres referentes da contorna como Xulia Bande, viticultora; A Boa Migalla. Pan de Cea (GDR); e María Lage, pulpeira e secretaria da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, que compartirán as súas traxectorias persoais e profesionais.

 

Ademais, a xornada contará cun espazo participativo, o Laboratorio Amas da Terra, no que as asistentes traballarán de forma colaborativa para identificar oportunidades, xerar novas ideas e fortalecer as redes de cooperación entre mulleres, aproveitando os recursos e potencialidades do territorio.

 

Unha oportunidade para inspirarse, crear sinerxías e seguir construíndo comunidades máis fortes e dinámicas da man das mulleres que as fan medrar.

 

Inscríbete e forma parte deste espazo de encontro, aprendizaxe e transformación.

 

Programa: 

9:45 h - Recepción de asistentes e benvida

10:00 h - Presentación do programa Amas da Terra: Lucía Freitas e Toni Fernández.

10:15 h - Intervención de tres mulleres da contorna, que compartirán a súa experiencia persoal e profesional, así como as súas traxectorias no ámbito social, cultural e emprendedor. 

  • Xulia Bande (Viticultora)
  • A Boa Migalla. Pan de CEA (GDR)
  • María Lage, pulpeira e secretaria da Asociación de pulpeiros de O Carballiño 

 

11:15 h - Descanso e café. 

11:45 h - Laboratorio Amas da Terra.

13:15 h - Peche da xornada e despedida.

 

Presencial

Voltar