Dende 04 de decembro, 2025 - Ata 04 de decembro, 2025
O vindeiro xoves 4 de decembro, ás 10:30 h, o HI Coruña – Human Intelligence Hub (A Coruña) acollerá a xornada de peche do Programa ALENTO 2025 cun evento moi especial: ALENTO LIVE: “Os pecados capitais da comunicación no emprendemento e nas PEMEs”, un encontro pensado para inspirar, aprender e conectar co ecosistema emprendedor galego.
Categorías: Foro/Encontro aberto
A comunicación é unha das ferramentas máis poderosas para que un proxecto emprendedor ou unha pequena empresa poida medrar, diferenciarse e conectar co seu público. Porén, na práctica, seguen sendo frecuentes erros que restan visibilidade, credibilidade e oportunidades reais de negocio. Nesta xornada práctica e dinámica, profesionais do sector compartirán, a través de casos reais, cales son eses erros máis habituais… e, sobre todo, como evitalos.
ALENTO LIVE está concibido como un espazo para:
Conectar con persoas emprendedoras, PEMEs e profesionais da comunicación, creando sinerxías e novas colaboracións.
Escoitar charlas inspiradoras, con ideas clave para mellorar a comunicación de proxectos e negocios, baseadas en experiencias reais.
Recibir feedback en directo a través da presentación de proxectos participantes no programa ALENTO, coa visión de profesionais con ampla traxectoria.
10:30 h | Inicio da xornada
Presentación e contextualización do peche do Programa ALENTO 2025.
10:35 h | Benvida institucional e balance ALENTO 2025
Intervirán representantes do Clúster da Comunicación de Galicia e da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, destacando os principais logros e aprendizaxes desta edición.
10:50 h | Os pecados capitais da comunicación no emprendemento e nas PEMEs
Coloquio dinámico con profesionais do sector que expoñerán erros habituais na comunicación empresarial e ofrecerán recomendacións prácticas. Participan:
Isaac González (Recados Carmen / Rei Zentolo)
Paula Bouzas (Mardy Bum)
Nuria Goldar (Digma Digital)
Jerónimo Cabanas (Bannister Global)
11:30 h | Da invisibilidade ao impacto: estratexia dixital para PEMEs
Charla orientada a mellorar a presenza dixital dos pequenos negocios, a cargo de Jesús López, xerente de Ontyche.
12:15 h | ALENTO LIVE · Pitch & Feedback
Presentación de proxectos emprendedores ALENTO con feedback profesional:
Silvia Martínez (Barvantia)
Álvaro Vázquez (AV Mesas de Autor)
Cintia Lomba (Skeirrum)
12:35 h | Pincho & Networking
Espazo informal para compartir experiencias e establecer contactos.
ALENTO LIVE será tamén unha oportunidade para poñer en valor o camiño percorrido ao longo da edición 2025 do programa, coñecer casos reais de persoas emprendedoras participantes e celebrar, nun ambiente colaborativo, o impacto xerado no tecido emprendedor galego.
A asistencia é de balde, con inscrición previa obrigatoria.
👉 Inscricións abertas: Non perdas a oportunidade de participar neste encontro de referencia para a comunicación no emprendemento.
![]()
ColaboradoresCluster da Comunicación de Galicia