Academia dixital I. Obradoiro de competencias dixitais. Domina Canva

Dende 06 de marzo, 2026 - Ata 06 de marzo, 2026

Crea deseños profesionais para o teu negocio sen ser deseñador. Mellora a túa imaxe de marca, visibilidade e autonomía na comunicación do teu negocio. Inscríbete!

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Venres, 6 de marzo I 11:00 h - 12:50 h 

💻 En liña 

 

Se es unha persoa emprendedora, sabes o importante que é transmitir unha boa imaxe do teu negocio para atraer clientes e destacar no mundo dixital. A comunicación visual converteuse nun elemento clave para dar profesionalidade ao teu proxecto, xerar confianza e aumentar a túa visibilidade. Contar o que fas, que vendes, ou onde te encontras é clave para chegar a posibles clientes. 

 

Neste obradoiro organizado polo Polo de Verín, en colaboración con Xiana Asistente Virtual, descubrirás que é Canva, unha ferramenta dixital sinxela que permite crear deseños profesionais sen necesidade de ter coñecementos previos en deseño gráfico. Aprenderás a utilizala para desenvolver contidos para redes sociais, materiais promocionais, presentacións e outros recursos visuais que che axuden a comunicar mellor o teu negocio.

 

Canva permíteche aforrar tempo e esforzo na creación de contidos, xa que ofrece modelos preparados e ferramentas intuitivas para personalizar deseños de forma rápida. Isto significa que poderás xestionar a comunicación visual do teu proxecto de maneira autónoma, reducindo custos e mellorando a calidade da túa marca.

 

Participar nesta formación axudarache a potenciar a imaxe do teu negocio, facer máis visible a túa oferta e traballar de forma máis eficiente coa túa comunicación dixital, logrando que o teu proxecto transmita unha mensaxe profesional e atractiva para os teus potenciais clientes.

 

11:00 h - Benvida e presentación

11:10 h - Primeiros pasos en Canva. Funcionalidades básicas

11:30 h -  Principios de deseño visual. Ferramentas e técnicas

12:00 h - Obradoiro práctico. Aplicación de identidade visual propia

12:50 h - Peche e resolución de dúbidas


Online

Voltar