
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a 3º edición da formación "A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais" no marco da Rede Eusumo.
Data: Do 6 de abril ao 17 de maio de 2026
Modalidade: Teleformación
Duración: 70 horas
Obxectivos:
- Desenvolver un curso sobre a modernización do sector primario, dende a concepción cooperativa e de certificacións medioambientais e de calidade.
- Dar a coñecer o modelo cooperativo e das empresas da economía social e as súas características básicas e diferenciadoras.
- Amosar dende a práctica as condicións e requisitos necesarios para a xestión das certificacións medioambientais e de calidade.
- Contribuír a que se coñezan e valoren as cooperativas e as empresas da economía social e as súas achegas sociais e económicas.
- Contribuír ao fortalecemento das cooperativas e da economía social a través das estratexias que redunden na calidade.
Programa:
- UNIDADE I: Cooperativismo no sector primario (10 horas)
- Módulo 1-. As cooperativas
- Módulo 2-. Marco legal do cooperativismo
- UNIDADE II: Certificacións de calidade (40 horas)
- Módulo 3-. ISO 9001
- Módulo 4-. Certificacións en vacún de leite.
- Módulo 5-. Global G.A.P
- Módulo 6-. BRC/IFS
- Módulo 7-. ISO 22000
- UNIDADE III: Certificacións ambientais (20 horas)
- Módulo 8-. ISO 14000 (14063, 14067...)
- Módulo 9-. Análise do ciclo de vida
- Módulo 10-. Pegada de carbono
- Módulo 11-. Pegada hídrica
Inscricións previas: a través deste formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop