Mentalidade emprendedora: pon a raia a síndrome do impostor.

Dende 25 de abril, 2025 - Ata 25 de abril, 2025

Xornada para superar a síndrome do impostor e fortalecer a mentalidade emprendedora. Actividade realizada dentro do marco de "Vos vernes dous Polos" na Ecogranxa Río Mouro de Poio co obxectivo de fomentar o networking entre os beneficiarios do Polo e achegar valor a través dunha charla motivadora, realizada por Asperxo Ovalle, quen axudou a traballar a Mentalidade Emprendedora a través da "Síndrome do Impostor".

Categorías: Os venres dos polos

Modalidades: Presencial

 

📅 Venres, 25 de abril | 11:30-14:00 h

📍 A Ecogranxa - Río Mouro pequeno s/n, Poio, Pontevedra

 

O Polo de Vilanova de Arousa organiza esta xornada motivacional para persoas emprendedoras que desexan fortalecer a confianza en sí mesmas e superar os obstáculos que a voz crítica interna pode provocar. O famoso "síndrome do impostor", esa sensación de non merecer os logros e de inseguridade e dúbidas sobre as propias capacidades, pode ser un freo importante no camiño emprendedor. Nesta xornada aprenderemos a identificar esas voces e a darlles a volta para avanzar con confianza.

 

Rocío Ovalle, consultora e coach especializada en emprendemento, será a encargada de guiarnos a través dunha serie de dinámicas e técnicas para xestionar esas inseguridades e reforzar a nosa mentalidade emprendedora.

 

Programa:

11:30-11:35 h. Recepción de asistentes e benvida.

11:35-11:45 h. Presentación da Rede de polos. 

11:45-13:10 h. Presentación actividade: Mentalidade emprendedora: pon a raia do síndrome de impostor

Presentación da relatora Rocío Ovalle, consultora de emprendemento e coach, quen axuda a crear culturas rexenerativas e colaborativas en proxectos de emprendemento, empresariais e comunidades rurais.

13:10-13:30 h. Técnicas creativas para xestionar a nosa voz crítica.

13:30-13:40 h. Clausura por parte de D. Pablo Fernández López, Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais.

13:40-14:00 h. Networking e petiscos.

 

 

Esta actividade tamén servirá como un espazo de networking entre os emprendedores da zona, onde poderás compartir experiencias, coñecer e crear novas conexións. Inscríbete! 


Presencial

Voltar