Dende 23 de abril, 2025 - Ata 23 de abril, 2025
Formación específica para o fomento do emprendemento da man dunha empresa especializada na aplicación e xestión de franquías, organizado por AJE Galicia.
Categorías: Outra
📅 Mércores, 23 de abril | 17:00 a 19:00 h
📍 Edificio Redeiras, Universidade de Vigo (R. da Ribeira do Barbés, 11, Vigo)
🧑🏫 Formadora: Gisela Garrido, Laboris Legal
Formación específica para o fomento do emprendemento da man dunha empresa especializada na aplicación e xestión de franquías. Un espazo onde os asistentes poderán gozar e compartir experiencias e proxectos con outras empresas, xa que no evento tamén participarán empresas de Vigo que xa están a xestionar franquías, como Rubén Abal, xerente de "La Mafia se sienta a la mesa" en Vigo e proximamente tamén en Santiago de Compostela. Unha oportunidade de coñecer outras formas de emprender. Ao finalizar o encontro, organizaremos un pequeno networking entre os asistentes.